Documentación
Publicacións
Todos os folletos, libros, edicións, manuais, documentos publicados polo Valedor ou por outras entidades que garden relación co traballo da institución e a defensa dos dereitos das persoas.
Cartel divulgativo "Os dereitos da infancia"
Material divulgativo co obxecto de difundir entre a poboación coñecementos acerca dos dereitos da infancia. Formou parte dunha campaña de difusión ampla entre centros escolares, nunha primeira fase da iniciativa. Na segunda, fíxose chegar a todos os centros sociais, centros de saúde, bibliotecas yorganizaciones non gobernamentais. Agora está a disposición de todos os internautas en formato dixital.
Para descargalo preman no icono de Acrobat que se atopa na parte inferior esquerda desta páxina.
Caderno: " ¿De qué hablamos cuando hablamos de Derechos Humanos? "
Incorporar activamente a noción de dereitos humanos na práctica profesional cotiá implica un esforzo por parte do periodismo para vincular as problemáticas que preocupan á cidadanía coa posibilidade concreta e efectiva de exercer os dereitos que o asisten.
Por iso, esta publicación propón algunhas suxestións destinadas a xerar maior conciencia colectiva respecto da amplitude da noción de dereitos humanos, e da responsabilidade que ten o Estado fronte ao individuo e á sociedade como promotor supremo das garantías cidadás. (Só dispoñible en castelán)
Caderno: "Cuerpos distintos, iguales derechos"
Un dos desafíos máis importantes para a humanidade é alcanzar a equidade, a xustiza social e a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e varóns. Se ben se avanzou nas últimas décadas, sabemos que a discriminación aínda persiste e que a igualdade é un tema pendente para alcanzar o desenvolvemento, a paz e a democracia no mundo. Aínda queda moito por facer e se as propias mulleres non coñecen e defenden os seus dereitos, vai ser moi difícil cambiar as cousas e construír sociedades ás xustas e relacións de xénero máis igualitarias.
O acceso á xustiza comeza polo coñecemento das leis, que son un instrumento para superar as discriminacións. Polo tanto, acceder á información pública é un dereito cidadán. É un fin en si mesmo, pero tamén é un medio para o exercicio doutros dereitos. Sen información resulta difícil poder exercer dereitos conómicos e sociais, e participar dos asuntos públicos.
Coñece os dereitos que te asisten e as leis que te protexen para que poidas actuar, esixir e, en caso de incumprimento, denunciar. Os dereitos humanos das mulleres tamén deben ser respectados e protexidos.
Tratamiento administrativo de la contaminación acústica
En cierta medida la contaminación acústica forma parte de nuestra civilización, y por ello tendemos a considerarla como un mal del que difícilmente
nos vamos a ver libres, por mucho esfuerzo que en ello pongamos. Pero es igualmente cierto que determinados niveles de ruido resultan insoportables,
especialmente cuanto también concurren otras circunstancias, como su generación durante los momentos dedicados al descanso o el sueño. Por ello, el grado de
contaminación acústica que en la actualidad padecemos se ha convertido en una de las principales preocupaciones ambientales, especialmente en las zonas urbanas.
Guía de recomendacións para unha navegación segura
Guía publicada pola Agencia Española de Protección de Datos con recomendaciós para unha navegación segura, que recolle os dereitos dos nenos e nenas e os deberes de pais e nais.
Publicación: O pasado día de Internet, o 26 de xullo de 2008.
Formato: pdf. Só en castelán.
Extensión: 4 páxinas


