Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

Actualidade

Visita institucional do novo xeral xefe da Garda Civil

15 de Xuño do 2012

Voltar

as dúas autoridades

Tras a súa recente toma de posesión, o novo xeral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, acudiu a saudar ao Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012. O novo xeral xefe da Garda Civil, José María Feliz Cadenas, tras a súa recente toma de posesión, iniciou unha rolda de contactos coas autoridades galegas que hoxe o levou a reunirse co Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández Rodríguez na sede da defensoría na compostelá Rúa do Hórreo.

Feliz Cadenas foi recibido na sede da institución ás 11.15 horas e tivo ocasión de coñecer as dependencias da defensoría e de entervistarse co seu titular en funcións. Ademais deixou a súa firma no libro de autoridades do Valedor do Pobo.