Actualidade
Videoteca
Comparecencia do Valedor ante a Comisión de Peticións para expor o contido do Informe Extraordinario "As persoas sen fogar en Galicia"
16 de Decembro do 2010
O Valedor do Pobo compareceu hoxe perante a Comisión de Peticións para expor o contido do seu último informe extraordinario. O defensor galego fai unha chamada aos poderes públicos sobre a nova xeración de persoas sen fogar xurdida en paralelo ao aumento exponencial de parados pola crise económica, entre outras causas.
- Vídeo: Comparecencia íntegra
XXIV Xornadas de Coordinación de Defensores
21 de Outubro do 2009
Sevilla e Córdoba acolleron entre os días 18 e 21 de outubro o encontro organizado nesta ocasión pola Oficina do Defensor del Pueblo Andaluz, e que versou sobre os dereitos cidadáns ante a e-administración.
- Mesa redonda Obradoiro III, "Ciudadanía y Administración Electrónica", coordinado polo Valedor do Pobo, Benigno López González. Reproducir aquí.
- Ver todos os vídeos (enlace á páxina web do Defensor Andaluz).
Entrevista a Benigno López González en TVG
9 de Setembro do 2009
O Valedor do Pobo desprazouse ata os estudos da TVG en San Marcos onde foi entrevistado en directo para o programa informativo "Bós Días".
O Valedor do Pobo celebrou cos defensores españois o 25 aniversario da promulgación da súa Lei
23 de Xuño do 2009
Durante dúas xornadas de traballo os participantes reflexionaron sobre o papel das defensorías, o camino percorrido e a resposta da cidadanía e as institucións as súas propuestas.
22-06-09: Sesión inaugural, con intervención do Valedor do Pobo, Excmo. Sr. D. Benigno López González; Presidenta do Parlamento de Galicia, Excma. Sra. Pilar Rojo e Defensor del Pueblo, Excmo. Sr. D. Enrique Múgica Herzog. Reproducir a sesión.
22-06-09: Conferencia inaugural a cargo de D. Roberto Blanco Valdés, Catedrático de Dereito Constitucional, titulada: Do Estado de Dereito ao Estado de dereitos:ordenamento xurídico e cultura social dos dereitos e liberdades en España.
Comparecencias parlamentarias ano 2008
30 de Decembro do 2008
O Valedor protagonizou un total de cinco comparecencias ante o parlamento durante a anualidade.
O Valedor promove en Galicia un spot televisivo contra o castigo físico aos nenos
20 de Novembro do 2008
O anuncio, elaborado por iniciativa do Consello de Europa, poderá verse dende hoxe en franxas de máxima audiencia gracias ao apoio do alto comisionado parlamentario.
- Arquivo multimedia: O spot
Almorzos da Axencia Galega de Noticias
30 de Decembro do 2007
O Valedor do Pobo participou en decembro de 2007 nos Almorzos da Axencia Galega de Noticias (AGN).


