Ferramentas

Menú Principal

Importante

Axenda

Área Privada

E-boletíns informativos

2011

Boletíns informativos publicados durante o ano 2011

Boletín electrónico decembro 2011

portada

Sumario::

O Informe Extraordinario Adolescentes e Internet en Galicia suma mil descargas..... 1

Queixas sobre licenzas irregulares no lecer nocturno..... 2

Resolucións e axenda do Valedor...... 2

Tema principal ::

Grande acollida do informe extraordinario sobre adolescentes e Internet. UN TOTAL DE 1.180 PERSOAS DESCARGÁRONSE O INFORME EXTRAORDINARIO "ADOLESCENTES E INTERNET EN GALICIA" NA PÁXINA WEB DO VALEDOR DO POBO. O interese suscitado polo contido do documento entre os centros escolares, familias e institucións así como a súa difusión nas redes sociais propiciou as máis de mil descargas rexistradas nas tres primeiras semanas.

Boletín electrónico novembro 2011

portada do boletín

Sumario::

Informe Extraordinario: Adolescentes e Internet en Galicia..... 1

Queixa de oficio contra os abusos da tarificación eléctrica..... 2

Resolucións e axenda do Valedor...... 2

Tema principal ::

MENORES QUE NAVEGAN SEN SUPERVISIÓN. O Valedor constata que o 53% dos adolescentes galegos usan Internet sen control parental e que un 80% nunca discutiu en casa por este motivo. Benigno López González presentou un informe pioneiro acerca dos hábitos dos adolescentes galegos para con Internet. Dirixe 50 recomendacións ás familias, poderes públicos e ás empresas subministradoras de servizos.

Boletín electrónico outubro 2011

portada do boletín

SUMARIO::

Informe Ordinario 2010: difusión da Revista resumo..... 1

Freo ao botellón na contorna do Campus compostelán..... 1

Resolucións e Axenda do Valedor..... 2

TEMA PRINCIPAL::

Difusión do Informe Ordinario 2010. O Valedor do Pobo distribúe 500 exemplares da súa memoria anual, que concluíu antes do verán a súa tramitación parlamentaria. Todos os concellos, Xunta de Galicia, Parlamento e defensorías autonómicas, entre outras institucións, recibirán os seus exemplares da Revista resumo do Informe Ordinario 2010 nos próximos días.

Boletín electrónico setembro 2011

portada boletin

SUMARIO::

Reflexións do Valedor do Pobo sobre a Lei de Dependencia..... 1

O Valedor, xurado dun certame de fotografía inclusiva..... 1

Resolucións e Axenda do Valedor..... 2

TEMA PRINCIPAL:


Máis dilixentes coa dependencia. O Valedor do Pobo asina un artigo acerca dos problemas da aplicación da Lei de Dependencia na comunidade galega, á vista dos resultados do seu recente Informe Ordinario correspondente á actividade do 2010.

Boletín electrónico xuño 2011

boletín

SUMARIO:

:: Fin da tramitación parlamentaria do Informe Ordinario 2010... 1

:: Queixa de oficio sobre a presenza de menores nos botellóns das cidades galegas... 2

:: Resolucións e axenda do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

En apenas un mes o Informe Ordinario 2010 do Valedor do Pobo concluíu a súa tramitación parlamentaria tras ser entregado á presidenta do Parlamento galego e exposto en Comisión e ante o pleno da Cámara.

Boletín electrónico xuño 2011

Boletín

SUMARIO:

:: Marca histórica de expedientes... 1

:: O Valedor entrega senllos trofeos ao xogo limpo... 2

:: Resolucións e axenda do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

Marca histórica de expedientes. O Valedor do Pobo tramitou no ano 2010 un total de 2.698 expedientes, a maior cifra da súa historia e que duplica a rexistrada en 2005.

Boletín electrónico maio 2011

Boletín

SUMARIO:

:: O Valedor abre os eu perfil en Twitter...... 1

:: Queixa: Alumnos sen vixilancia antes de entrar en clase... 2

:: Resolucións e Axenda do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

Estrea do Valedor nas redes sociais.A institución apúntase ao “microblogging” institucional e inaugura o seu propio perfil en Twitter http://twitter.com/Valedordopobo) coa intención de estar máis preto da cidadanía e das tecnoloxías.

Boletín electrónico Abril 2011

boletin

SUMARIO:

:: Primeiros avances para atallar os problemas do botellón en Galicia...... 1

:: O Valedor consegue que a Universidade de Vigo cambie o seu confuso nome a un título de moda... 2

:: Resolucións e axenda do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

Primeiros resultados para atallar os problemas do botellón en Galicia. As inxentes actuacións do Valedor encamiñadas a loitar contra a contaminación acústica das concentracións de mozas comezan a dar resultado na localidade pontevedresa de Baiona e no campus universitario coruñés.

Boletín electrónico Marzo 2011

portada

SUMARIO:

:: O Valedor arrinca á Xunta unha data para que tomen posesión os opositores sen praza desde 2008...... 1

:: O caso dunha familia con cinco dependentes... 2

:: Resolucións e axenda do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

O Valedor arrinca á Xunta unha data para que tomen posesión os opositores sen praza desde 2008. Benigno López González conseguiu que a Consellería de Facenda comprometese unha data tras recibir as queixas dos afectados. As persoas que gañaron a praza na Oferta de Emprego Público de 2008 da Xunta tomarán posesión como moi tarde no mes de abril, sen que interfiran no proceso outros de consolidación posteriores.

Boletín electrónico Febreiro 2011

Boletín

SUMARIO:

:: Estudio pioneiro sobre internet e adolescencia galega.... 1

:: Investigación de oficio sobre as oposicións de titulados ambientais... 2

:: Resolucións do Valedor do Pobo... 2

TEMA PRINCIPAL:

Estudio pioneiro sobre o uso de internet e as redes sociais entre os adolescentes galegos. O Valedor promove a investigación máis completa acerca dos hábitos de navegación de mozos galegos, que lle permitirá coñecer a súa actitude ante a rede, o seu grao de ciberdependencia e o control parental ao que están sometidos.